martes, 20 de diciembre de 2016

A VELLA QUENLLA PERDE OS DENTES

As nenas e nenos de 2º B prepararon a lectura do conto "A vella quenlla perde os dentes" para os seus compañeiros de 2ºA .
Escolleron este libro porque é do escritor Xabier López ,veciño de Betanzos, e eles, como sabedes, están a investigar e a descubrir o noso Concello e investigando, investigando chegaron a el.
Este libro conta a historia dunha quenlla que un día queda sen dentes e, como a partires diso ,o resto dos animais do mar se rin dela, ata que atopa a alguén que lle axuda.
Un libro que podedes atopar na nosa biblioteca xunto con outros de Xabier López.



domingo, 15 de mayo de 2016

Alicia en el País de las Maravillas

Os nenos e nenas de 4º B elixiron unha adaptación da historia de Alicia para contárllela aos rapaces e rapazas de 2º A, aprendérona, caracterizáronse e velaí o resultado...


Preme na imaxe para ver o vídeo

Agora, de novo, é o alumnado de 2º A o que ten o "cofre dos tesouros", acabará aquí a cadea ou seguirana?

jueves, 21 de abril de 2016

Cuentos en verso para niños perversos

Continuando coa cadea de lecturas dramatizadas, o alumnado de 6º D ofreceu aos nenos e nenas de 4º B uns divertidos fragmentos desta obra de Roald Dahl.
Premede en cada parte da portada para ver os vídeos, así tamén poderedes gozar coa representación:





Agora toca esperar a sorpresa que nos terá o alumnado de 4º B, aula na que quedou o "cofre dos tesouros".


viernes, 18 de marzo de 2016

27 historias para tomar a sopa

Nenas e nenos de 4º A prepararon algunhas das historias que contén o libro 27 historias para tomar a sopa e acudiron á aula de 6º D para contárllelas.
Se premedes na portada do libro podedes ver que ben o pasaron:



Ao final, foron eles os que levaron unha boa sorpresa porque os nenos e nenas de 6º D agasalláronos cun conto en verso:

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/mod/resource/view.php?inpopup=true&id=10032
Premede na imaxe se queredes saber cal foi...

Agora será o alumnado de 6º D o que siga coa cadea de lecturas dramatizadas.

sábado, 6 de febrero de 2016

Boas noites, bufo!

Nenas e nenos de 1º B recolleron o "cofre dos tesouros" e preparáronse para ler un conto aos seguintes compañeiros.
Elixiron aos de 4º A, cos que compartiron Boas noites, bufo!, un conto ben divertido de Pat Hutchins. 
Serán agora os nenos e as nenas de 4º A os que sigan esta cadea de lecturas dramatizadas.
Xa veremos a quen escollen...


(Preme na imaxe para ver o que gravaron)

sábado, 9 de enero de 2016

O país dos mandóns

Seguimos coa cadea de lecturas, esta vez as nenas e os nenos de 5º A leron un conto aos compañeiros de 1º B.
O conto elixido foi O país dos mandóns, que fala de como as persoas non están contentas nos lugares onde só mandan uns poucos e os homes e as mulleres non son considerados iguais.
Agasalláronos cunhas postais realizadas por eles.
O cofre do tesouro das lecturas dramatizadas queda agora nas súas mans...

(Preme na imaxe para ver o vídeo desta actividade)

domingo, 29 de noviembre de 2015

FELIZ FEROZ

O venres 14 de novembro as nenas e nenos de 2ºA , dentro da actividade de lecturas dramatizadas, acudiron á aula de 5ºA a ler o libro de "Feliz Feroz" de Hematocrítico.
Escolleron un conto dun lobo que, como diríamos, non tiña moito de feroz e..... ata aí se pode contar, o resto, xa sabedes, a mergullarse nas súas páxinas.
De agasallo os pequenos fixéronlles uns marcapáxinas ben curiosiños.
Agora os de 5º A irán a.... hai que seguir a cadea.

FELIZ FEROZ on PhotoPeach